Intrusos na panza | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Intrusos na panza

David García Dios (autoría)
25/11/2021

Descrición Vídeo (10´ 15´´) no que David García Dios explica o ciclo de vida dos paranfistómidos, uns parasitos dixestivos que afectan a ruminantes domésticos e silvestres, aos que lles poden causar diarrea, deshidratación, anemia, ou inapetencia, e nalgúns casos a morte. Aínda que son orixinarios de latitudes tropicais e subtropicais, atópanse en plena expansión por Europa, así que debemos velos como un risco sanitario crecente para as nosas explotacións gandeiras.
Pero David optou por velos como estudantes que marchan da casa e se instalan a vivir nun ruminante que sería entón... o seu piso universitario!!

Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Data
25/11/2021
Medidas
10 minutos e 15 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela