Material
Proxector
Ensinando matemáticas cociñando e xogando
Descrición
Vídeo didáctico (2´ 30") no que Aroa Blanco Guerreiro , alumna do IES Castro da Uz (As Pontes), nos fala de progresións xeométricas dun xeito moi orixinal, mesturando matemáticas con gastronomía. Tras elaborar unha torta tradicional e decorala coa forma dun taboleiro de xadrez, Aroa fai unha representación didáctica das potencias de dous.Esta peza foi premiada cun accésit no concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2021.


