Ter ou non ter medo? A amígdala é a cuestión | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Ter ou non ter medo? A amígdala é a cuestión

18/11/2021

Descrición Vídeo (13´ 48´´) no que Pablo Sánchez Quinteiro nos fala sobre o papel que puido xogar a amígdala no proceso de domesticación dos animais salvaxes, contribuíndo á inhibición das condutas agresivas e a supresión do medo natural cara á especie humana.
Estudos que comparan neuroanatomicamente os encéfalos do lobo e do can, puxeron de relevo que neste último se produciu unha involución da arquitectura dalgúns dos núcleos de substancia gris implicados no procesamento dos sinais de alarma, entre os que destaca a amígdala, unha estrutura que é crucial na detección, aprendizaxe e expresión do que comunmente describimos como medo.
Poderemos logo controlar o medo controlando a amígdala?

Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Data
18/11/2021
Medidas
13 minutos e 48 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela