Chamábanlles “incorrixibles”. O Tribunal de Menores de Lugo no franquismo | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Chamábanlles “incorrixibles”. O Tribunal de Menores de Lugo no franquismo

25/11/2021

Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Data
25/11/2021
Medidas
11 minutos e 26 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela
Ficha descritiva
Vídeo (11' 26'') en que Tamara López Fernández describe o papel que no franquismo desempeñaba o Tribunal Tutelar de Menores. A través da análise dos seus expedientes nunha cidade de pequeno tamaño coma Lugo e na súa contorna rural é doado ver que o seu papel era o de examinar con rigor e corrixir con severidade, xa a idades moi temperás, calquera indicio de transgresión con respecto aos novos estandartes morais e de comportamento que se impoñían na España de Franco. Desa documentación xorde unha infancia cunha vida cotiá moi afastada dos ideais publicitados polo franquismo , unha infancia marcada polas múltiples violencias derivadas de vivir baixo un réxime ditatorial. Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.