Do acuario ao laboratorio | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Do acuario ao laboratorio

18/11/2021

Descrición Vídeo (5´ 17´´) no que Nerea Gandoy Fieiras fala da utilidade do peixe cebra na investigación de enfermidades xenéticas humanas, grazas sobre todo á súa similitude xenética co ser humano, tendo en conta o seu pequeno tamaño e a facilidade do seu coidado.
Ademais, avances recentes en enxeñaría xenética con ferramentas como CRISPR/cas9 permiten crear modelos con mutacións concretas e reproducir as enfermidades de tipo xenético nos peixes.
Isto ha permitir coñecer máis sobre os mecanismos patolóxicos das doenzas, así como probar diferentes fármacos para ver os seus efectos.

Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Data
18/11/2021
Medidas
5 minutos e 17 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela