Elvira López Mourín: primeira enfermeira da aviación sanitaria española / Vídeo. Remoto. Youtube/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxector

Material

Proxector
Mulleres que abriron as fendas que nós cruzamos
Enfermaría: a ciencia de saber coidar

Elvira López Mourín: primeira enfermeira da aviación sanitaria española

Descrición
Vídeo divulgativo (10´ 18´´) no que se fai un retrato biográfico de Elvira López Mourín, unha enfermeira orixinal de Láncara (Lugo) que formou parte do primeiro voo de carácter sanitario da historia de España, realizado o 1 de novembro de 1922 co obxectivo de socorrer os feridos da batalla de Tizzi Azza en Marrocos.
Grazas á súa entrega e valentía foi merecente no seu momento do recoñecemento dos reis Alfonso XIII e Victoria Eugenia. Case un século despois, Elvira López Mourín protagonizou o selo de Correos co que se conmemorou en 2020 o Ano Internacional das Enfermeiras e Matronas.
Metadatos
  • Tipo de material: Vídeo. Remoto. Youtube
  • Medidas: 10 minutos e 18 segundos
  • Etiquetas:
  • Entidades:
    Creación:Deputación de Lugo