Material
Historias de ida e volta
A literatura galega da posguerra en Ámerica
Emilio Pita, A Coruña (1909) - Bos Aires (1981)
Detalle
Emilio Pita Robelo emigrou con doce anos ao Río da Prata. De formación autodidacta, foi un poeta e musicólogo moi recoñecido no seo da colectividade. Coa proclamación da II República volveu a Galicia, onde tomou contacto co Partido Galeguista e o nacionalismo galego.Tras o seu regreso a Bos Aires, en 1942 publicou Jacobusland, o seu primeiro libro de poemas, que conta con ilustracións de Castelao. Trátase dun libro que pon de relevo a traxedia da Guerra Civil en Galicia, inmerso nunha nostálxica visión da natureza galega e de gran riqueza poética. Foi considerado por moitos como o primeiro libro testemuño da Guerra civil.
En 1972 Ediciós do Castro realizou unha edición facsimilar desta obra para a súa difusión na nosa terra.


