Entre luz e sombra | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Entre luz e sombra

18/11/2021

Descrición Vídeo (10' 25'') en que Tamara Franco Grandas nos presenta os resultados dos seus estudos sobre como inflúe no crecemento e na produción dos cereais a cantidade de luz que reciben. Estes traballos son relevantes porque a asociación cultivo-árbore estase presentando como unha posible ferramenta de adaptación e mitigación das condicións ambientais extremas que o cambio climático vai provocar en moitas rexións cerealeiras, ademais de conferirlle unha maior diversidade ao sistema produtivo e proporcionarlle máis garantías económicas ao produtor.

Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Data
18/11/2021
Medidas
10 minutos e 25 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela