A batalla da rata de auga setentrional (rata topo) e das feromonas | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

A batalla da rata de auga setentrional (rata topo) e das feromonas

Sara Ruiz Rubio (autoría)
18/11/2021

Descrición Vídeo (9´ 32´´) no que Sara Ruiz Rubio nos presenta o seu traballo para loitar desde unha estratexia ecolóxica contra a proliferación da rata de auga setentrional (Arvicola scherman), máis coñecida entre nós como "rata toupa" (a tradución ao galego do seu nome castelán). Esta especie convértese periodicamente nunha praga que afecta gravemente os cultivos das áreas montañosas das rexións cantábricas e doutros países, como Francia.

O traballo de Sara pretende estudar a comunicación química nesta especie co fin de empregar feromonas (sinais reprodutivos) e cairomonas (sinais de alerta) para interferir na reprodución da especie, reducindo a súa poboación.

Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Data
18/11/2021
Medidas
9 minutos e 32 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela