Imaxinaríaste un mundo sen tántalo? | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Imaxinaríaste un mundo sen tántalo?

Descrición Vídeo divulgativo (1´ 30´´) no que Sandra Fernández Fariña nos fala do tántalo, un elemento químico cuxo símbolo é Ta. O tántalo é un metal moi duro, dúctil e resistente á corrosión, pero pouco abondoso na codia terrestre, por iso é importante reciclar todos os aparellos que o conteñen. Nesta peza descubrirás cales son.

Este foi un dos traballos premiados no concurso "O meu elemento", organizado en 2019 pola Facultade de Ciencias, o grupo de innovación CienciaNOSA e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
1 minutos e 30 segundos
Etiquetas