O saturnismo | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

O saturnismo

Descrición Vídeo divulgativo (1´ 30´´) no que Irene González Calvo e Raquel González Calvo, alumnas do IES Plurilingüe Adormideiras (A Coruña), nos falan do saturnismo, unha enfermidade causada pola intoxicación por chumbo. Descubrirás en minuto e medio cales son os motivos do seu nome, cales son os efectos deste envelenamento no noso organismo e que relación ten esta enfermidade coa arte.

Este foi un dos vídeos premiados na primeira edición do concurso "Petiscos de ciencia" (2022), organizado pola Facultade de Ciencias e o Servizo de Normalización Lingüística da USC.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
1 minutos e 30 segundos