Axudando a Pepa a Loba | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Axudando a Pepa a Loba

Descrición Vídeo divulgativo (19´ 05´´) no que Andrea Vilar Álvarez nos propón un divertido reto: axudar a Pepa a Loba a gañar cartos no casino para poder continuar co seu "bandoleirismo xeneroso" no actual século XXI. Andrea Vilar explícanos cales son as diferentes estratexias matemáticas que podemos usar para axudarlle a Pepa a Loba a acadar o seu obxectivo: maximizar a recompensa total das máquinas comecartos partindo duns recursos concretos de partida de 600 euros.

A charla tivo lugar en 2021, no marco da xornada divulgativa "Matemáticas: habelas hainas, seguimos contándochas", destinada fundamentalmente a estudantes de grao e máster.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
19 minutos e 5 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela
Etiquetas