A cultura lúdica e musical a través do xogo tradicional. Parte 2 | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

A cultura lúdica e musical a través do xogo tradicional. Parte 2

Descrición Vídeo didáctico (8´ 21´´) no que Paco Veiga, membro da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, describe tres xogos tradicionais moi practicados en Galicia: os birlos ou bolos; a chave; e a billarda ou estornela. Ao final da peza tamén se amosan imaxes doutros xogos tradicionais practicados maiormente por nenos e nenas, como poden ser o trompo, os zancos, o tirapedras, as chapas, a corda ou a ra.

Este vídeo forma parte do proxecto "A cultura lúdica e musical a través do xogo tradicional", elaborado por diferentes docentes das áreas de Didáctica da Expresión Corporal e Didáctica da Expresión Musical da USC, co obxectivo de poñer á disposición do alumnado dos graos en Mestre de Educación Primaria e Mestre de Educación Infantil unha serie de pezas audiovisuais que lles permitan de forma autónoma introducirse no coñecemento do patrimonio cultural galego a través do xogo tradicional, atendendo fundamentalmente a dous aspectos: o lúdico e o musical.

Outros vídeos da serie:
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
8 minutos e 21 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela