Máis aló dunha cunca de leite | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Máis aló dunha cunca de leite

Uxía Yáñez Ramil (autoría)
25/11/2021

Descrición Vídeo (10´ 17´´) no que Uxía Yáñez Ramil explica a importancia de facer un bo diagnóstico de xestación no gando vacún, e de como facelo de forma precoz é importante para as explotacións lácteas: canto antes saiba o gandeiro que a súa vaca está xestante, maior rendemento se vai obter dese animal e da explotación en xeral.
Cos medios dispoñibles hoxe en día, só se pode facer un diagnóstico de xestación fiable arredor do día 28 trala inseminación, mais existen tecnoloxías que poden axudar a adiantalo. Dentro destas atopamos a ecografía en modo Doppler, que permite avaliar o fluxo sanguíneo das estruturas que estamos a explorar. Posto que, durante a preñez, se observan modificacións no fluxo sanguíneo a nivel do aparello reprodutor, conseguir identificalas mediante a exploración ecográfica con Doppler e establecer as diferenzas entre animais xestantes e non xestantes pode ser a chave cara a un diagnóstico máis precoz.

Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Data
25/11/2021
Medidas
10 minutos e 17 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela