Por que ter ósos sans implica moito máis ca beber leite | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Por que ter ósos sans implica moito máis ca beber leite

Jen Gunter (autoría)
Descrición Charla de TED (3´ 35´´) na que Jen Gunter nos fala da importancia de termos un sistema esquelético saudable. A doutora Gunter cóntanos cal é a estrutura dos nosos ósos e explícanos en que consisten os procesos de eliminación e substitución óseas. Descubrirás tamén que tipo de exercicios físicos e que tipo de alimentos (ademais do leite) son beneficiosos para que os nosos ósos se manteñan sans.

Tradución ao galego de Penny Martínez.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
3 minutos e 35 segundos
Etiquetas