O que estamos aprendendo da educación en liña | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

O que estamos aprendendo da educación en liña

Daphne Koller (autoría)
Descrición Vídeo de TED (20´ 40´´) no que Daphne Koller nos fala de como o ensino en liña pode favorecer o acceso á educación daquelas persoas que non poden asistir ao ensino superior presencial por diferentes motivos, maiormente, polo seu elevado custo. Partindo desta premisa, creouse a plataforma Coursera, que selecciona os mellores cursos en liña dos mellores instrutores das mellores universidades e os ofrece de balde á poboación de todo o mundo. Os beneficios desta plataforma son múltiples, pois non só contribúe a facer máis accesible o ensino superior ou a ofrecer currículos adaptados ás diferentes necesidades do alumnado, senón que permite compilar unha serie de datos moi valiosos para entender mellor como procesan as persoas o coñecemento.

Tradución ao galego de Carme Paz.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
20 minutos e 40 segundos
Etiquetas