Tres accións sinxelas para mellorar a educación | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Tres accións sinxelas para mellorar a educación

Xosé Manuel Dopazo (autoría)
Descrición Despois de presentar brevemente varias experiencias inspiradoras desenvolvidas en centros galegos e tamén de enumerar algunhas das principais eivas que actualmente sufre os sistema escolar, neste vídeo de TED (16´ 34´´) Xosé Manuel Dopazo, profesor de Lingua e Literatura e director do IES Maruxa Mallo, proponnos tres accións moi simples que contribuirían a mellorar o actual sistema educativo. Darlle máis relevancia á creatividade na profesión docente, concienciar aos pais e nais da importancia de participar no proceso educativo do alumnado no seu conxunto e incorporar a experiencia das empresas no proxecto escolar son as propostas coas que Manuel Dopazo nos convida a reflexionar sobre o presente e o futuro da educación.

Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
16 minutos e 34 segundos
Etiquetas