A teoría do triplo corte / Vídeo. Remoto. Youtube/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxector

Material

Proxector
O cine: a ciencia da ficción

A teoría do triplo corte

Descrición
Vídeo divulgativo (3´ 07´´) no que Sara Calvete Lorenzo, doutoranda do Grupo de Estudos Audiovisuais da USC, nos presenta o obxecto da súa tese, centrada no corte dos corpos femininos no cinema, especialmente nas películas de terror e ciencia ficción. Para estudar este concepto tan amplo e difuso Sara Calvete bota man da teoría do triplo corte (de creación propia), que é a que lle dá nome á súa tese. Na súa exposición explícanos cales son exactamente os fundamentos desta teoría.

Esta peza audiovisual recibiu o Premio de Excelencia de Divulgación Científica na primeira edición do concurso "Teses en tres minutos", que organizou a Universidade de Santiago de Compostela en 2022.
Metadatos