Como fuxir do Val da Morte educativo | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Como fuxir do Val da Morte educativo

Ken Robinson (autoría)
Descrición Vídeo de TED (19´ 11´´) no que Ken Robinson, experto en creatividade, expón tres principios básicos que, na súa opinión, están en clara contradición coa cultura educativa e axudan a explicar as altas taxas de abandono e fracaso escolar. Respectar a diversidade do alumnado e facilitar que desenvolvan o seu talento natural; promover a curiosidade dos nenos e nenas durante o proceso de aprendizaxe; e entender que a creatividade é inherente á vida humana serían os tres principios que axudarían a evitar o actual "Val da Morte" educativo.

Tradución ao galego de Borja Rey Seoane.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
19 minutos e 11 segundos
Etiquetas