Galegas na ciencia: Jimena e Elisa Fernández de la Vega | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Galegas na ciencia: Jimena e Elisa Fernández de la Vega

Carmela Cela (autoría)
Descrición Vídeo divulgativo (3´ 11´´), elaborado por Carmela Cela, onde se presenta de xeito breve a biografía de dúas mulleres galegas que foron pioneiras no ámbito da ciencia: Jimena e Elisa Fernández de la Vega. As irmás Fernández de la Vega, xemelgas, naceron en Vegadeo en 1895 e convertéronse nas primeiras mulleres licenciadas en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Nesta peza coñecerás a traxectoria destas dúas galegas que marcaron, por méritos propios, un fito na historia da muller e da medicina.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
3 minutos e 11 segundos
Etiquetas