A economía circular e a bioeconomía | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

A economía circular e a bioeconomía

Luis Díaz Allegue (autoría)
Descrición Vídeo didáctico (30´ 40´´) no que o enxeñeiro químico Luis Díaz Allegue nos fala de economía circular e bioeconomía, dous campos de estudo nos que está especializado como investigador académico e tamén como participante en proxector europeos centrados nestas materias.
A charla está dividida en dúas partes: na primeira o profesor Díaz Allegue explica brevemente en que consiste a economía circular e na segunda fálanos máis detidamente da bioeconomía (a parte da economía circular centrada na materia orgánica), así como dos diferentes procesos de tratamento dos residuos urbanos. Unha vez rematada a explicación teórica, o relator contesta as preguntas e dúbidas formuladas polo público, que podes ver a partir do minuto 36.

A charla está dirixida a alumnado de secundaria e foi organizada por Igaciencia en novembro de 2021, con motivo da celebración do XII Día da Ciencia en Galego.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
30 minutos e 40 segundos
Entidades
Creación: Institución Galega da Ciencia (Igaciencia)
Etiquetas