Corpo de vento 1. O contexto do órgano en Galicia | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Corpo de vento 1. O contexto do órgano en Galicia

Descrición Primeira parte dunha serie de catro vídeos de carácter divulgativo sobre o mundo do órgano en Galicia, visto desde o punto de vista histórico, musical e patrimonial. O obxectivo da serie é difundir a historia destes instrumentos musicais, así como a dos organistas que os tocaron e os organeiros que os construíron.

Neste primeiro vídeo (19´ 56´´), de carácter introdutorio, coñecerás, da man de diferentes profesionais e investigadores, cal é a importancia do órgano como parte substancial do noso patrimonio musical, cal é o grao de coñecemento que temos deste patrimonio e cal é a información da que dispomos para reconstruír a súa historia.

A iniciativa foi desenvolvida por Sirgo Torcendo, ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Outros vídeos da mesma serie:
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
19 minutos e 56 segundos
Entidades
Creación: Sirgo Torcendo
Etiquetas