A luz máis antiga do Universo | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

A luz máis antiga do Universo

Darío Lago (autoría)
Descrición Vídeo divulgativo (4´ 34´´) no que Darío Lago nos explica que na aparente escuridade da noite se agocha a luz máis antiga do Universo. Entenderás en que consiste exactamente a “radiación de corpo negro” e o acoplamento de radiación e materia que caracterizou as orixes do Universo. Así mesmo, descubrirás como se produciu o desacoplamento tras o Bing Bang e o que aconteceu con aquela luz primixenia.

Esta peza foi elaborada por O Son das Ideas e mais o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e forma parte da serie "O amencer do cosmos", realizada coa finalidade de divulgar as orixes do Universo.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
4 minutos e 34 segundos
Entidades
Creación: O Son das Ideas
Creación: Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)
Etiquetas