Ángeles Alvariño | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Ángeles Alvariño

Descrición Representación teatral de carácter didáctico (2´ 16´´) que che axudará a achegarte á vida e á obra de Ángeles Alvariño, científica galega e pioneira da oceanografía, nada en Ferrol en 1916, a quen a Real Academia Galega de Ciencias lle dedicou en 2015 o Día da Ciencia en Galicia. Neste ano 2022 Igaciencia, con motivo da celebración do Día da Ciencia en Galego, tamén homenaxea a esta galega universal, descubridora de vinte e dúas novas especies de zooplancto mariño.

Esta presentación forma parte do proxecto "Mulleres sobranceiras", desenvolvido en 2021 polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e mais o Grupo de Teatro do IES Ribeira do Louro (O Porriño).
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
2 minutos e 16 segundos
Entidades
Creación: IES Ribeira do Louro (O Porriño)
Etiquetas