Catálogos e bases de datos astronómicos | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Catálogos e bases de datos astronómicos

Xabier Pérez Couto (autoría)
Descrición Vídeo divulgativo (16´ 47´´) sobre os catálogos e bases de datos astronómicos que hai dispoñibles para a investigación matemática, astronómica ou física. Xabier Pérez Couto cóntanos nesta charla como foi evolucionando a información astronómica ao longo da historia a través dos diferentes catálogos nos que estes datos se foron compilando.

Esta charla tivo lugar en 2021, no marco da xornada divulgativa "Matemáticas: habelas hainas, seguimos contándochas", organizada pola USC e destinada fundamentalmente a estudantes de grao e máster.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
16 minutos e 47 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela
Etiquetas