Expedición Gran Burato | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Expedición Gran Burato

Descrición Reportaxe (11´ 57´´) elaborada en 2011 polo programa Reporteiros da TVG, en colaboración co Grupo Genoma da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, na que se amosan imaxes dos fondos mariños a unha profundidade de case 2.000 metros, gravadas por un robot submarino a bordo do buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa. A reportaxe fíxose no marco da Expedición Gran Burato, realizada a uns 150 km da ría de Muros co obxectivo de atopar gas ou outro tipo de hidrocarburo que se puidese explotar comercialmente. Descubrirás como se desenvolve unha investigación deste tipo e cales son as súas múltiples aplicacións.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
11´ 57´´
Entidades
Creación: Universidade de Vigo
Creación: Televisión de Galicia
Etiquetas