Primeira xunta directiva da Sociedad Agraria y Cultural Hijos del Partido de Corcubión, 1923 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión

Primeira xunta directiva da Sociedad Agraria y Cultural Hijos del Partido de Corcubión, 1923

Image 1
Detalle
Fotografía dos membros da directiva fundacional, na que podemos ver sentados, de esquerda a dereita, a Lino Baliña, que ocupaba o cargo de tesoureiro; José Quintáns Pazos, vicepresidente; Casto M. Insua, presidente; o secretario, Manuel Areas Blanco, e Vicente Graíño, contador. De pé están J. M. Castro, nomeado prototesoureiro, e os vogais Jaime Lires, Jesús Pose, José Santos Soto, Daniel Caamaño Moreira, Manuel F. Fernández, Faustino Luaces e Manuel Fariña.
Baixo o seu mandato, o 27 de xaneiro de 1923 foron aprobados os primeiros estatutos, en cuxo artigo 1 se impuxo o criterio de que podían pertencer á sociedade todos os emigrantes naturais de todos concellos do partido xudicial e non só os de Muxía e Cee, como fora a idea inicial. A sociedade chamouse Sociedad Agraria y Cultural Hijos del Partido de Corcubión, denominación que deixa ben clara a súa finalidade agrarista e instrutiva. En 1927 aprobouse o cambio de nome da entidade, que pasa a ser Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión (en diante ABC, tal como é coñecida popularmente).
Metadatos
  • Data: 00/00/1923
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Etiquetas:
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega
  • Entidades:
    ámbito:Asociación Benéfica y Cultural del Partido Judicial de Corcubión
  • Localizacións:
    orixe: Bos Aires (local);