A primeira escola fundada pola ABC na aldea muxiá de Nemiña, 2007 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

A primeira escola fundada pola ABC na aldea muxiá de Nemiña, 2007

Manuel Areas Blanco (Mencionado/a)
00/00/2007
No ano 1929 a entidade inicia o seu proxecto educativo coa decisión de construír nunha primeira fase catro escolas nos concellos de Muxía, Vimianzo, Fisterra e Cee. O primeiro centro escolar en ser rematado estaba en Nemiña.
As catro casas-escolas que constrúe son moi semellantes arquitectonicamente: edificios dunha soa planta dividida en dúas partes: unha era a escola propiamente dita e a outra era a vivenda do/a mestre/a. Para conseguir luminosidade e ventilación natural a fachada principal está cuberta de grandes fiestras, sen elementos decorativos agás unha placa conmemorativa co nome da escola, o número da orde de construción e o nome da sociedade.
Esta escola levaba o nome de Manuel Areas Blanco, en memoria dun dos socios fundadores da ABC que ocupou varios cargos directivos. Natural de Lires (Cee), morreu en 1928 e deixou unha fonda pegada nos seus conterráneos.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/2007
Entidades
Creación: Asociación Benéfica y Cultural del Partido Judicial de Corcubión
Localizacións
orixe: Nemiña, Muxía, A Coruña
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega