Material
Historias de ida e volta
100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión
Primeira sede social da ABC del Partido de Corcubión, na rúa Venezuela, 2164, Cidade Autónoma de Bos Aires
Detalle
Esta foi unha das sociedades microterritoriais establecidas en Bos Aires con maior afluencia e número de socios, pois xa en 1924 contaba con 600 aproximadamente. A súa sede social, situada na rúa Venezuela, 2164, moi preto do Centro Galego de Bos Aires, foi adquirida en 1940. A ABC del Partido de Corcubión consolidaba así un dos obxectivos de toda sociedade étnica de emigrantes. Nela funcionan a administración, a biblioteca e as demais estancias onde se desenvolven actividades de carácter cultural e formativo.En 1962 a entidade adquire unha segunda propiedade; trátase da segunda sede de recreo social, situada na rúa Bartolomé Cruz, 1871, na cidade bonaerense de Vicente López. Representa o espazo recreativo por excelencia desta destacada asociación que na actualidade conta con 900 socios das tres categorías establecidas pola entidade: activos, vitalicios e de mérito.


