Material
Historias de ida e volta
100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión
Os socios colaboran na construción do seu campo de recreo, ca. 1954
Detalle
A partir de 1940, co incremento de socios, a comisión directiva aluga un amplo predio na localidade de Vicente López, para destinalo á organización de actividades recreativas e lúdicas. Estas instalacións, con parrillas e un gran parque con árbores, enchíanse e énchense cos socios e socias e os seus convidados as fins de semana e na época estival. No Campo Corcubión teñen lugar numerosas festas campestres e asados, así como as diversas celebracións festivas da entidade como o seu aniversario, as festas patronais de cada concello ou os famosos «carnavales», de gran sona entre a colectividade galega de Bos Aires dos anos 50 e 60.O éxito é tan grande que se decide mercar a propiedade e a mediados dos anos 50 comeza unha intensa campaña entre os socios para obter financiamento. Grazas ao apoio económico do empresario Perfecto López, directivo da sociedade, asinouse o 8 de agosto de 1962 a escritura de propiedade desta sede recreativa, hoxe cunhas instalacións ampliadas e modernizadas.


