Castelao na celebración do 26º aniversario fundacional da ABC, 1948. <br>ABC caracterízouse pola súa acción progresista e defensora do ideario republicano e galeguista. Durante a Guerra Civil será unha das sociedades que colabora coa Cruz Vermella e a Federación de Sociedades Gallegas no envío de axuda ao bando republicano e aos exiliados que arribaban a terras arxentinas | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Castelao na celebración do 26º aniversario fundacional da ABC, 1948.
ABC caracterízouse pola súa acción progresista e defensora do ideario republicano e galeguista. Durante a Guerra Civil será unha das sociedades que colabora coa Cruz Vermella e a Federación de Sociedades Gallegas no envío de axuda ao bando republicano e aos exiliados que arribaban a terras arxentinas

Castelao (Fotografado/a) · Perfecto López Romero (Mencionado/a)
22/08/1948
A ABC caracterízouse pola súa acción progresista e defensora do ideario republicano e galeguista. Durante a Guerra Civil será unha das sociedades que colabora coa Cruz Vermella e a Federación de Sociedades Gallegas no envío de axuda ao bando republicano e aos exiliados que arribaban a terras arxentinas. Coa chegada ao país de Alfonso R. Castelao comeza unha intensa relación entre a entidade e o político e artista. A súa amizade con directivos da ABC como Perfecto López fai que asista a numerosas actividades culturais e festivas da entidade nas que era convidado de honra, como podemos ver na imaxe. A ABC organizou varias homenaxes tributadas ao político, como o banquete de despedida cando foi nomeado ministro da República e marcha a París e, como non, ao seu regreso.
A morte do «guieiro da patria» foi moi sentida no seo da entidade. O traslado dos seus restos ao cemiterio de Chacarita foi realizado por amigos e directivos das sociedades máis afíns ao ideario galeguista, e Perfecto López como representante da ABC portou o cadaleito.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
22/08/1948
Entidades
ámbito: Asociación Benéfica y Cultural del Partido Judicial de Corcubión
Localizacións
orixe: Bos Aires (local)
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas

Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega