Material
Historias de ida e volta
100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión
Alborada. ABC del Partido de Corcubión. Cuberta que conmemora o 80º aniversario da publicación, 1922-2002
Detalle
Un dos firmes propósitos desta importante asociación de emigrantes galegos en Bos Aires foi a edición dunha revista, como órgano xornalístico representativo. Así, o 25 de xuño de 1925 a comisión directiva fai a proposta de editar Alborada, que sería o voceiro da ABC del Partido de Corcubión. Esta publicación sempre foi transmisora non só das actividades propias da entidade, senón tamén de numerosos artigos e discursos de destacados persoeiros da cultura galega que pasaron pola súa sede social, como por exemplo Castelao, Antón Alonso Ríos ou Avelino Díaz, entre outros.Deixamos aquí un extracto das palabras do seu director Antonio Díaz Novo con motivo do seu primeiro aniversario: «portavoz de las ansias y de las aspiraciones de una colectividad pletórica de virilidades y de entusiasmos patrióticos, que quiere manifestarse en toda su pujanza. Recoje en sus columnas cuanto tiende a engrandecer a su comarca de origen, a sus hombres y a sus instituciones […]».


