Visita de representantes das institucións galegas na sede da ABC, 2009 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Visita de representantes das institucións galegas na sede da ABC, 2009

00/00/2009
Ao longo destes anos a entidade tivo e ten unha estreita relación con Galicia nunha historia de ida e volta. Non só os directivos e mais os socios e socias da ABC visitan a súa terra natal, senón que tamén reciben visitas de autoridades galegas que viaxan a Arxentina. Este contacto estreito cos nosos emigrantes é unha tarefa que levan a cabo alcaldes e membros das institucións e do Goberno de Galicia. Nesta fotografía vemos a recepción que se lles fixo aos representantes da Deputación da Coruña. Nesta visita inaugurouse o salón principal da sede social da entidade sita na rúa Venezuela, ampliado e adaptado ás necesidades dos e das socias de maior idade grazas a un convenio asinado coa Deputación.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/2009
Entidades
ámbito: Asociación Benéfica y Cultural del Partido Judicial de Corcubión
Mención: Deputación da Coruña
Localizacións
orixe: Bos Aires (local)
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega