Material
Historias de ida e volta
100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión
Directiva da ABC del Partido de Corcubión, grande anfitrioa, 2009
Detalle
As directivas da ABC del Partido de Corcubión caracterizáronse, desde os seus inicios, polo seu alto grao de actividade e iniciativas que impulsaron á entidade a seguir subindo os banzos propios dun arduo traballo en equipo.As boas relacións coas autoridades autonómicas de Galicia constitúen un dos seus distintivos. Nesta imaxe aparece Salvador Fernández Moreda, quen foi lexislador e presidente da Deputación Provincial da Coruña. A súa visita foi acollida con fervor pola xunta directiva na sede de recreo social situada en Vicente López. Alí puido observar as melloras e ampliacións realizadas nas instalacións grazas á axuda recibida durante o seu mandato.


