Carta de Fernández de la Vega Celestino a Seoane. 1973 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Fernández de la Vega Celestino a Seoane. 1973

Luís Seoane (Destinatario/a) · Álvaro Cunqueiro (Mencionado/a) · Celestino Fernández de la Vega (Remitente)
15/05/1973
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF

LUGO, 15 mayo de 1973
Sr. D. LUIS SEOANE
LA CORUÑA

Meu querido amigo:

Xa vin o domingo a miña figuración. Coido que melloróu a semellanza en relación có rápido apunto que me fixeche na casa do Alvaro. Vindo de tí, non me solprendéu a xenerosidade cordial do texto, que agradezo en todo o que vale.
As Comunicaciós mesturadas interesáronme moito. Pra min están cheas de cousas e persoas iñoradas merecentes de recordo e conocemento. Agora que se escriben tantos libros gratuitos, coido que fan moita falla libros como ese: libros que se non se escriben non os escribe ninguén. Nas túas Comunicaciós trátase, ó meu ver, de xustas e debidas “salvaciós” de retallos, laberínticamente espallados no tempo e no espazo, dun esforzo tan conmovedoramente desamparado como é o da nosa cultura.
Moitas gracias por todo e recibe unha cordial aperta de

Celestino
Tipo de material
epístola
Data
15/05/1973
Medidas
Localizacións
orixe: Lugo
destino: A Coruña
Etiquetas
Ficha descritiva
[Carta manuscrita con firma autógrafa]
Localización física
Fundación Luis Seoane