Galegas na ciencia: Rita Fernández Queimadelos | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Galegas na ciencia: Rita Fernández Queimadelos

Carmela Cela (autoría)
Descrición Vídeo divulgativo (2´ 17´´) no que Carmela Cela nos presenta a biografía da arquitecta Rita Fernández Queimadelos (A Cañiza, 1911 - Barcelona, 2008). En 1940 esta pioneira galega consegue rematar os seus estudos de arquitectura, converténdose na primeira colexiada galega (a terceira a nivel estatal) e tamén na primeira muller en exercer esta profesión en España.

A peza forma parte da serie “Galegas na ciencia”, onde se repasa de xeito breve a vida de diferentes mulleres galegas que foron pioneiras no ámbito da ciencia.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
2 minutos e 17 segundos
Etiquetas