A despensa salgada | Ligazón. Vídeo. CRTVG | Consello da Cultura Galega
Ligazón. Vídeo. CRTVG

A despensa salgada

Descrición Vídeo divulgativo (28´ 31´´), pertencente á serie da TVG Historias de Galicia, que fai un percorrido histórico por un dos pés nos que tradicionalmente se asentou a economía galega: a pesca. Esta viaxe documental comeza na Idade Media no barrio pontevedrés da Moureira, onde os mariñeiros galegos comezaron a organizarse en gremios e a comerciar coa sardiña, valéndose de técnicas de salgado e secado. No século XVIII, da man dos cataláns, chegarían novas técnicas de captura e sistemas de produción, precursores da industria conserveira. Coñecer a historia dos mareantes e dos conserveiros axudarache a entender os alicerces nos que se asenta a nosa actual industria naval, pesqueira e acuícola.
Especiais
Tipo de material
Ligazón. Vídeo. CRTVG
Medidas
28 minutos e 31 segundos
Entidades
Creación: Televisión de Galicia
Etiquetas