Lingua de reis, lingua do pobo / Ligazón. Vídeo. CRTVG/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxector

Material

Proxector

Lingua de reis, lingua do pobo

Descrición
Vídeo divulgativo (27´ 33´´), pertencente á serie da TVG Historias de Galicia, no que se fai un percorrido pola historia social do idioma galego desde a Idade Media ata o século XIX. Descubrirás as diferentes vicisitudes que aconteceron neste período, no que o galego pasou de ser o idioma culto no que o rei Afonso X escribía as cantigas, a converterse no século XIX nunha lingua oprimida polo poder centralizador, usada por labregos e mariñeiros, e identificada co atraso socioeconómico. Contra esta discriminación alzaron a voz diferentes intelectuais, entre os que Rosalía de Castro ocupou un lugar destacado, converténdose a súa obra Cantares Gallegos (1863) no principal símbolo do rexurdimento literario do idioma.
URL
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/capitulo-5-lingua-de-reis-lingua-do-pobo?t=8
Metadatos
  • Tipo de material: Ligazón. Vídeo. CRTVG
  • Medidas: 27 minutos e 33 segundos
  • Etiquetas:
  • Entidades:
    Creación:Televisión de Galicia