Sexamos positivas! | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Sexamos positivas!

Descrición Seguro que nalgún momento da túa carreira académica pensaches: para que serven realmente as matemáticas? Neste vídeo divulgativo (16´ 23´´) Lorena Saavedra, doutora pola USC na área de Análise Matemática e docente no ensino medio, defende que as matemáticas son o fundamento que está detrás de todas as ciencias e, polo tanto, teñen múltiples aplicacións. A modo de exemplo, explícanos a utilidade da aplicación de coñecementos matemáticos na construción dunha ponte.

Esta charla tivo lugar en 2021, no marco da xornada divulgativa "Matemáticas: habelas hainas, seguimos contándochas", organizada pola USC e destinada fundamentalmente a estudantes de grao e mestrado.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
16 minutos e 23 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela
Etiquetas