Aprendo con Olloboi 3. Composición | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Aprendo con Olloboi 3. Composición

Descrición Vídeo didáctico (25´ 46´´), dirixido a alumnado de secundaria, no que Lucía Catoira Pan e Alberte Branco "Bertitixi" nos explican cal é a función do Departamento de Fotografía na elaboración dunha película. Nesta “olloclase” aprenderás como se traballa cos encadramentos, a óptica, os movementos de cámara e a luz no proceso de composición audiovisual.

Esta peza elaborouse ao abeiro do proxecto "Aprendo con Olloboi", unha iniciativa didáctica deseñada para difundir o audiovisual galego nas aulas.

Material complementario: introdución para profes, actividades e prácticas.



Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
25 minutos e 46 segundos
Entidades
Creación: Asociación Cultural Olloboi
Etiquetas