Os xardíns descoñecidos da Costa da Morte | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Os xardíns descoñecidos da Costa da Morte

Descrición Despois da catástrofe do Prestige, o Grupo de Investigación de Análise e de Conservación da Biodiversidade da USC elaborou un mapa de microrreservas de flora ameazada ao longo de toda a Costa da Morte. Neste vídeo divulgativo (7´ 44´´) preséntase un proxecto de voluntariado ambiental para a conservación das zonas húmidas e a flora, impulsado por ADEGA e o Concello de Fisterra, co obxectivo de poñer en valor e preservar as cinco microrreservas de flora que hai na actualidade neste concello.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
7 minutos e 44 segundos
Entidades
Creación: Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza [ADEGA]