Carta de Dónega a Seoane. 1973 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Dónega a Seoane. 1973

Luís Seoane (Destinatario/a) · María López Mosquera (Mencionado/a) · Fernanda Sández Figueiras (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Marino Dónega (Remitente)
29/12/1973
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF


A Cruña, 29.12.73

Luis Seoane López
Buenos Aires

Luis, meu amigo:

Veño de saber da triste nova do pasamento da túa naiciña. ¿E que che hei decir? Calquer frase de consolo pareceráche valdeira, oca e sin senso algun. Porque os que pasamos pola mesma malfadada esperencia sabemos que somentes o paso do tempo deixará en tí a saudade dun ben perdido.
Supoñémoste totalmente resposto das consecuencias do teu accidente automovilístico. E que andarás xa, de cacho para cribo, sin axuda de aparellos. Que así seña.
E sin máis por hoxe, recibide Maruxa e máis tí unha cordialísima e cinguida aperta de Fernanda e miña.


Dónega
Tipo de material
epístola
Data
29/12/1973
Medidas
Localizacións
orixe: A Coruña
destino: Bos Aires
Ficha descritiva
[Carta mecanografada, con firma autógrafa]
Localización física
Fundación Luis Seoane