Carta de Seoane a Dónega. 1974 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a Dónega. 1974

Marino Dónega (Destinatario/a) · Fernando Dónega (Mencionado/a) · María López Mosquera (Mencionado/a) · Fernanda Sández Figueiras (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
15/01/1974
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF


Buenos Aires, 15 de Xaneiro de 1974

Sr.
D. Marino Dónega Rozas
La Coruña

Meu querido amigo:

Agradézoche moito as tuas verbas de pésame con motivo do pasamento da miña nai. Pasaron xa algunhas semáns e aínda me atopo confuso e depresivo, sin ganas de facer ren. Un non sabe é un misterio, que fío segredo xungue un fillo a unha nai, de que xeito a desaparición de un dos dous afecta ó outro. Pasaron os días e un sorpréndese matinando no que perdéu, e, como de súbito, o tempo adiantóuse a un para ocupar nél o lugar da nai, dos pais. A un envelléceo a morte que o rodea, e moito máis si é a de aqueles que un mais quere, mais próisima a un. Agradézoche moito as tuas verbas.
Xa estóu reposto do accidente. Xa non uso o bastón e ando normalmente. No sei nada do pleito do auto, si se arranxaron ou continúa. Tampouco sei si se vendéu. Si me escribes fálame algo de esto. Coida que eu son un cliente malo mais que non aconsella os seus abogados.
Unha garimosa e grande aperta para Fernando, Fernando e pra tí de:
Tipo de material
epístola
Data
15/01/1974
Medidas
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: A Coruña
Ficha descritiva
[Carta mecanografada]
Localización física
Fundación Luis Seoane