Galegas na ciencia: Olimpia Valencia / Vídeo. Remoto. Youtube/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxector

Material

Proxector

Galegas na ciencia: Olimpia Valencia

Descrición
Vídeo divulgativo (1´ 59´´) no que Carmela Cela nos presenta a biografía de Olimpia Valencia (Baltar, 1898- Vigo, 1987), a primeira xinecóloga galega. Despois de cursar Maxisterio, matricúlase en Medicina en Santiago de Compostela, a súa verdadeira vocación, e licénciase con Premio Extraordinario e Matrícula de Honra. Aos 30 anos abre en Vigo a súa propia consulta xinecolóxica, profesión que exerce ata a xubilación. Esta pioneira galega tamén foi unha das fundadoras, en 1930, da Academia Médico Quirúrgica de Vigo.
Metadatos
  • autoría:
  • Tipo de material: Vídeo. Remoto. Youtube
  • Medidas: 1 minutos e 59 segundos