Gastro(E)Ciencia. Análise científica do produto galego | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Gastro(E)Ciencia. Análise científica do produto galego

Francisco Casanova (autoría) · Camino García (autoría) · Ana Lage (autoría) · Alexia Luca de Tena (autoría) · Mateo Rodríguez (autoría) · Pilar Soengas (autoría) · Pepe Solla (autoría)
Descrición Vídeo divulgativo (33´ 17´´) no que o cociñeiro Pepe Solla convoca arredor dunha mesa do seu restaurante a profesionais de diferentes ámbitos da ciencia (oceanografía, xeoloxía, bioloxía, meteoroloxía, etc.) para degustar varios alimentos e reflexionar, con argumentos científicos, sobre a gran diversidade e calidade dos produtos propios de Galicia.
Na conversa participan, ademais de Pepe Solla, Mateo Rodríguez (biólogo e especialista en pesca), Ana Lage (meteoróloga en Meteogalicia), Francisco Casanova (doutor en Xeoloxía), Camino García (xefa de investigación do Centro Tecnolóxico da Carne), Pilar Soengas (doutora en Bioloxía e especialista en cultivos) e Alexia Luca de Tena (enóloga).

A iniciativa foi realizada por Esmerarte Industrias Creativas, ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
33 minutos e 17 segundos
Entidades
Creación: Esmerarte Industrias Creativas