Aprendo con Olloboi 6. BSO (a sonorización) | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Aprendo con Olloboi 6. BSO (a sonorización)

David Machado (autoría) · Enrique Otero (autoría)
Descrición Vídeo didáctico (25´ 45´´), dirixido a alumnado de secundaria, no que o técnico de son David Machado e o director e músico Enrique Otero nos falan da importancia que ten o son (e o silencio) nunha película. En concreto, fálannos das técnicas audiovisuais que fan que os diálogos, as voces, o rango dinámico e a música se poñan ao servizo do proxecto audiovisual, converténdose en ferramentas imprescindibles para poder contar a historia.

Esta peza elaborouse ao abeiro do proxecto "Aprendo con Olloboi", unha iniciativa didáctica deseñada para difundir o audiovisual galego nas aulas.

Material complementario: introdución para profes, actividades e prácticas.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
25 minutos e 45 segundos
Entidades
Creación: Asociación Cultural Olloboi
Etiquetas