Un día de traballo: o patrón Manuel Martínez ao temón cos seus mariñeiros, de pesca polo Caribe | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Un día de traballo: o patrón Manuel Martínez ao temón cos seus mariñeiros, de pesca polo Caribe

Os viveiros eran barcos pesados con dificultade para manobrar, polo que precisaban unha tripulación con experiencia e competente. Por iso os donos dos barcos preferían contratar os mariñeiros da comarca de Ferrol, que, aínda que emigraban moi novos, xa sabían do duro traballo no mar. A marea, que duraba de media uns vinte días aínda que variaba segundo a situación dos bancos pesqueiros e da cantidade conseguida, comezaba no peirao dos Cocos en Casa Blanca, onde os viveiros estaban fondeados e onde vivía a maior parte dos mariñeiros galegos. A vida destes mariñeiros era difícil: á dureza do traballo e da climatoloxía do golfo engadíanse unhas condicións laborais pouco favorables. Moitos conseguiron subsistir co seu traballo e formaron alá unha familia; outros, con máis sorte, víronse recompensados e puideron retornar á súa terra cuns aforros que lles permitiron construír ou amañar as súas casas, dar estudos aos fillos, montar un pequeno negocio ou gozar dunha vellez sen atrancos.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Localizacións
orixe: Cuba
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Ernesto López Naveiras