No estaleiro de Gabriel Palmer en Casa Blanca, 1913 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

No estaleiro de Gabriel Palmer en Casa Blanca, 1913

00/00/1913
Para manter en boas condicións a frota pesqueira había que contar con varadoiros e bos estaleiros onde se arranxaban e construían os barcos ou se adaptaban para que funcionasen como viveiros. Na fotografía podemos ver a Gabriel Palmer, en primeiro plano, de orixe mallorquina, cos seus homes de confianza inspeccionando a construción dun neveiro que se chamou Nando Palmer. Palmer era o dono dun dos mellores estaleiros de Cuba no que, ademais de construír barcos, confeccionaban velas e redes e facían as cachuchas para conservar o peixe nos peiraos, ou servía de almacén para os aparellos. Moitos dos seus traballadores eran galegos.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/1913
Localizacións
orixe: Casa Blanca, A Habana, Cuba
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Ernesto López Naveiras