Ángel Bello Amado, natural de Redes, traballando na delegación da Ferraxería Casteleiro, Vizoso y Cía. en Ciego de Ávila, ca. 1915 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Ángel Bello Amado, natural de Redes, traballando na delegación da Ferraxería Casteleiro, Vizoso y Cía. en Ciego de Ávila, ca. 1915

Esta ferraxería axiña se converteu nun negocio florecente grazas ao crecente desenvolvemento da economía cubana de principios de século. Cuba era unha potencia exportadora de azucre e tabaco e precisaba modernizar as instalacións das explotacións, ademais das vías de comunicación por todo o territorio. A bonanza económica provocou que as vendas se disparasen e a compañía de venda de materiais e maquinaria agrícola e naval creou delegacións por toda a illa, con pequenos almacéns preto dos puntos onde se xeraba a demanda de material ferraxeiro.
Na fotografía vemos a Ángel Bello Amado, empregado da ferraxería que foi trasladado da Habana a un almacén da empresa en Ciego de Ávila, preto dun enxeño azucreiro que demandaba os seus produtos. Nese vehículo trasladábase para ofertar os materiais nas mellores condicións e prezos e así evitar a competencia.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Localizacións
orixe: Ciego de Ávila, Cuba
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Ernesto López Naveiras