Aprendo con Olloboi 7. Planos (a gravación) | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Aprendo con Olloboi 7. Planos (a gravación)

Luís Avilés (autoría) · Giselle Llanio (autoría)
Descrición Antes de comezar a gravación da película, cómpre planificar as tomas que imos facer. Neste vídeo didáctico (24´ 47´´), dirixido a alumnado de secundaria, a cineasta Giselle Llanio e o realizador Luís Avilés fálannos dos elementos fundamentais da linguaxe de planos nunha película: encadramento, movementos de cámara e tomas.

Esta peza elaborouse ao abeiro do proxecto "Aprendo con Olloboi", unha iniciativa didáctica deseñada para difundir o audiovisual galego nas aulas.

Material complementario: introdución para profes, actividades e prácticas.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
24 minutos e 47 segundos
Entidades
Creación: Asociación Cultural Olloboi
Etiquetas